domingo, 28 de diciembre de 2008

O illote de Guidoiro (ou Ghidoiro) Areoso

Na Ría de Arousa hai numerosos afloramentos graníticos que forman illotes de pequenas dimensións.

Entre estos están os coñecidos como Guidoiro Areoso e o Guidoiro Pedregoso, tamén coñecidos como os Xidoiros, ou separadamente como O Areoso e O Pedregoso.

Aínda semella que o nome orixinario é Guidoiro (de guía), a gheada propia de Arousa os convertiu en Ghidoiros, e de ahí a Xidoiros ou Jidoiros, que son algunhas das outras formas en que son coñecidos.

Tras anos de polémica, finalmente pasaron a pertencer administrativamente ao novo concello da Illa de Arousa.

O illote de Guidoiro Areoso, chamado así pola súa característica formación dunar, ten unhas reducidas dimensións e carece de auga. Según o primeiro informe publicado en 1991, sabíase da existencia no illote dunha chea de elementos que avogaban polo interese arqueolóxico do sitio. En concreto, as referencias falaban dunha cámara megalítica, dun paleosolo fosilizado por dunas e dunha cerámica de tradición arcaica, nalgúns casos do tipo coñecido como campaniforme.

Dado o seu interese, tras unha primeira prometedora campaña de sondaxe en 1988, se desenvolveron dúas campañas de excavación en 1989 e 1990, dirixidas polo arqueólogo JM Rey García. Foran atopadas varias estructuras:

A Estructura 1 presentaba algúns elementos á vista (como se aprecia na foto).
Unha vez escavada (foto abaixo) se definiu como unha mámoa de reducidas dimensións, que conservaba coiraza de contención do túmulo nos sectores NO, NE e SO, e formaría un círculo perfecto duns 6 metros de diámetro, delimitado por un anel de pedras máis grandes chantadas.
A cámara, que fora sistemáticamente saqueada, comporíase de cinco lousas dispostas en forma de polígono.

Noutro punto do illote, a limpeza dun corte deixou ó descuberto un conxunto de pedras que poderían constituir os restos dunha coiraza de recubrimento dunha mámoa semellante á anterior.









A aparición da Estructura nº 2 foi unha grande sorpresa, xa que non mostraba evidencia algúnha na superficie da praia. Foi localizada ó amplia-la zona de sondaxe da campaña anterior.
Apareceu por baixo das areas da praia, nun paleochán de cor negra intensa, e relacionada cunha grande cantidade de materiais arqueolóxicos.

Se compón dun anel pétreo exterior de 1m. de ancho por término medio, formado por unha soa fiada de pedras. No interior deste anel, en disposición casi concéntrica, aparece outra estructura formada por unha vintena de lousas, de tamaño variable entre 20 e 50 cm, pero colocadas nun nivel máis baixo que o anel externo.
Se sinala que se trata dunha construcción totalmente novidosa para o contexto do Calcolítico (inicio da Idade dos Metais) do noroeste peninsular e non se sabe con seguridade se a súa función é funeraria.
A excavación deste sector ofreceu unha grande riqueza e variedade de materiais, especialmente cerámica de fabricación manual. Tamén apareceron lascas e desfeitos de talla que confirmaron a existencia de talla no xacemento.
Estes materiais están depositados no Museo de Pontevedra e algúns poden ser vistos nas súas vitrinas.

O novedoso emprazamento do asentamento na praia da illa, indicaría, en principio, a existencia de navegación polo interior da ría na prehistoria recente. O rexistro arqueolóxico da escavación foi excepcional tamén polo feito de ser un depósito selado e non alterado, alomenos en datas recentes. Por outra banda, o feito de aparecer nun medio básico, permitiu unha boa conservación da materia orgánica non usual nos xacemento galegos.

Na primeira campaña apareceu no paleochán (ou solo antigo) un concheiro. Unha amostra de ostra do concheiro foi enviada ao Laboratorio de Groninga para facer a única datación por C-14 ata o de agora publicada. A datación é GrN-16108: 4020 + 40 B.P. (Before Present o Antes do Presente), o que nos levaría a datas de fins do terceiro e inicios do segundo milénio a. C.
Pero debido aos problemas que teñen as datacións feitas sobre materia orgánica de orixe mariño, algúns autores rechazan esta datación e teñen proposto unha correción ou calibración entre o 1773-1536 A.C. CAL (Alonso e Bello, 1997, Rubinos e outros, 1999).

Nas campañas de 1990 e 1991 atopáranse unhas pezas metálicas alargadas semellantes a variñas ou punzóns, que foi como finalmente foron denominados por convención. Foron estudados analíticamente dentro do Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica mediante a técnica coñecida como fluorescencia de Raios X (XRD) para determinar a súa composición química, así como mediante micrografía para coñecer a estructura interna do metal. Os resultados foron publicados en múltiples ocasións (Rovira et ali, 1997; Comendador, 1998; Bettencourt y Comendador, 2003; Rovira y Gómez, 2003; Comendador 2005 poster; Comendador e Bettencourt, 2007).
Dende o primeiro análise se considerou fora de toda duda que estaban feitos cunha aleación intencional de cobre máis estaño, é dicir, que estaban feitos en bronce.
Dada a datación publicada e o tipo dos materiais arqueolóxicos cos que apareceran relacionados, foron considerados dous dos obxectos de bronce máis antigos da Península Ibérica, xunto cunha agulla do xacemento de la Bauma del Serrat Pont, en Girona (Rovira y Montero, 2003: 16 y nota 2), aínda que a datación destes bronces, así como do propio xacemento, segue sendo polémica.
Aínda de ter en conta a calibración de Alonso e Bello (1997), se relacionarían en todo caso ca datación doutros bronces “antiguos” localizados no ámbito do noroeste peninsular, como os do nivel IIb do xacemento portugués de Sola (Braga), cunha media ponderada entre 1690–1520 AC (95,4 %) ou o máis recente achado do xacemento trasmontano de Fraga dos Corvos (Macedo de Cavaleiros).

Recentemente foron novamente estudiados mediante a sofisticada ténica de difracción de neutróns no marco da Accion Corta: Estaño y Bronce en el Noroeste de la Península Ibérica, xunto a outros bronces procedentes do norte de Portugal (Bidaud e outros, 2006).

A publicación da totalidade do estudio da escavación de Guidoiro está pendente, aínda que este ano JM Rey presentou un interesante avance nos II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza, no que falou da caracterización das estructuras, da cerámica, da paleofauna, así como dos posibles diferentes momentos cronolóxicos de uso de este interesantísimo xacemento, do que vos adxunto aquí algunha da bibliografía publicada (aparte da que aparece nos links).
ALONSO, F. & BELLO, J.Mª. (1997): Cronología periodización del fenómeno megalítico en Galicia a la luz de las dataciones por Carbono14, O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo (A. Casal Ed.).Universidad de Santiago de Compostela, pp. 507-520.
BETTENCOURT, A. (2000). O poblado da Edad del Bronce da Sola, Braga, Norte de Portugal, Ed. Cadernos de Arqueologia, Monografias – 9, Braga.
COMENDADOR REY, B. (1999). Los Inícios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica, Brigantium, 11. A Coruña.
- (1999c). The early development of metallurgy in the North-west of the Iberian Peninsula. In, Young, Polard, Budd & Ixer (Ed.): Metals in Antiquity. BAR International Series, 792, Archaeopress, Oxford: 63-67
DELIBES, G. & MONTERO, I. (Eds) (1999): Las primeras etapas metalúrgicas en la península Ibérica, II, Estudios Regionales. Instituto Universitario Ortega y Gasset. Madrid.
FERNÁNDEZ–MIRANDA, M., MONTERO RUIZ, I & ROVIRA LLORENS, S. (1995). Los primeros objetos de bronce en el occidente de Europa, Trabajos de Prehistoria, 52 (1), pp. 57 - 69.
REY GARCÍA, M. (1991): Informe preliminar de la campaña de 1988 en el yacimiento de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 2, Campaña 1988. Xunta de Galicia. Santiago: 29-32.
- (1995): Excavación arqueolóxica no Illote de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 3, Campaña 1989. Xunta de Galicia. Santiago: 15-18.
ROVIRA, S., MONTERO, I & CONSUEGRA, S. (1997). Las primeras etapas metalúrgicas en la Península Ibérica, 2 vols, Ed. Instituto Universitario Ortega y Gasset, Madrid.
RUBINOS, A., FÁBREGAS, R., ALONSO, F. & CONCHEIRO, A. (1999): Las fechas C-14 del Castro de O Achadizo (Boiro, A Coruña). Problemática de calibración de conchas marinas. Trabajos de Prehistoria, 56 (1), CSIC, Madrid: 147-155.
Boa parte do texto está basada nos informes publicados por JM Rey.
As outras son as que aparecen nos informes ou miñas.

viernes, 26 de diciembre de 2008

Arqueoloxía no Ulla


A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa de arqueoloxía Argos, iniciaron o pasado mes de Outubro unha investigación arqueolóxica no Concello de Valga.
O obxectivo da equipa foi o de tratar de atopar evidencias da existencia na zona dun fondeadero ou porto romano, e da denominada "Turris Augusti", un monumento dedicado a Augusto, que estaría supostamente ubicado fronte a desembocadura do río Sar.
No entorno de Agramar foi localizado un novo xacemento arqueolóxico, non catalogado previamente, con materiais da época romana e restos de muros perimetrais.

Pero especialmente interesante foi a prospección subacuática no río Ulla. É importante destacar que foi deseñada unha metodoloxía específica para esta intervención, dadas as dificuldades do traballo (como podedes ver na foto, a visibilidade é mínima). A colaboración do clube Náutico de Pontecesures facilitou moito o traballo.
Na prospección apareceron algúns restos de ánforas e cerámicas, medievais e modernas.
Eu agradezo dende aquí "aos Argonautas" a información e as fotos que me envían dos traballos.

Eles e máis eu desexamos que esto sexa so o inicio dunha serie de interesantes e prometedoras prospeccións no leito e o entorno do río Ulla, ao que este ano dedicamos tempo e traballo.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais


Exposición Itinerante Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais.

O acto de presentación terá lugar o 23 de decembro ás 13:00 h no Auditorio de Vilagarcía de Arousa